We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Espranza (Celso Emilio Ferreiro)

by Tabula Rasa

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

about

Adaptación musical do Poema de Celso Emilio Ferreiro "Espranza" do seu libro "Longa noite de pedra (1962)" con música orixinal de Tabula Rasa.

lyrics

Espranza (Celso Emilio Ferreiro)

Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.

Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.

Tripulantes insomnes,
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.

Adictos da saudade
¡Saúde
compañeiros!

credits

released March 1, 2019
Letra: Celso Emilio Ferreiro
Voz: Manuel Martinez
Guitarra solista:Diego Chico
Guitarra rítmica: Jimi Damolinera
Baixo:Ivan Viento
Batería: Fernando Couñago
Gravado ao vivo ,editado,e misturado no local de ensaio da banda por Jimi Damolinera
Texto orixinal: Celso Emilio Ferreiro
Musica: Tabula Rasa
Adaptación: Tabula Rasa

license

tags

If you like Tabula Rasa, you may also like: